Home / Series / Pratos Combinados / Aired Order /

All Seasons

Season 1

  • S01E01 Unha intelixencia natural

    • December 1, 1995
    • Televisión de Galicia

    Miro e Balbina asisten a unha reunión de pais no colexio, na que os animan a axudar ó seu fillo Miguel nos estudios. Miro nunca estivo moi forte en Matemáticas, pero suborna a un compañeiro moi aplicado do seu fillo para que lle permita copia-los deberes e presumir diante de Migueliño de home sabido. A corruptela complícase e Miro descubrirá ó final que está pagando por coñece-los deberes do seu propio fillo. Miro conclúe en que proceder honradamente é mellor e máis barato.

  • S01E02 A bruxa

    • December 8, 1995
    • Televisión de Galicia

    Miro non acaba de convencerse de que é bo ter un seguro no bar. "¿E se logo non pasa nada?" -pensa Miro-. "Sería como queima-los cartos". Para estar seguro de que non vai ocorrer ningún roubo ou incendio, consulta a unha bruxa. Pero Balbina e Rosalía lograrán a complicidade da adiviña para darlle a volta ás intencións de Miro. Paralelamente, un agasallo do tío Antón vai producir algunhas dificultades cun inspector da Sanidade que acode ó Bar Suízo.

  • S01E03 Telecallos

    • December 15, 1995
    • Televisión de Galicia

    A proliferación de negocios que serven a domicilio pizzas, tortillas ou comida chinesa está a facer dano nun bar tradicional como é do Miro. E se os callos do bar Suízo contan cunha xusta sona ¿por que non ofrecer un servicio semellante? Así nace Telecallos. As manganchas e a voracidade do tío Antón van complicar moito o negocio.

  • S01E04 A mili de Miro

    • December 22, 1995
    • Televisión de Galicia

    Miro recibe unha sorprendente carta na que o reclaman para a súa incorporación ó servicio militar, que xa cumpríu hai case 30 anos. Miro non pensa nun erro administrativo, senón en que fixo algo mal polo que o obrigan a repetir a mili. Fai memoria e imos sabendo que, como recruta, foi un desastre. Antes de resignarse a volver á mili, Miro matina en desertar, en facerse obxector. Finalmente o erro soluciónase, pero só en parte.

  • S01E05 Estraños na noite

    • December 29, 1995
    • Televisión de Galicia

    A avoa Carme escoita voces mentres dorme. Voces que semellan ser algún estraño fenómeno paranormal. Nelas, o defunto cociñeiro Cortadillo dalle estupendas receitas de cociña. Miro cré que pode ser un xeito sorprendente de renova-la carta e de relanza-lo negocio. Para acelera-los contactos, recorren a un afamado parasicólogo. Pero detrás das voces que escoitaba Carme hai unha explicación pouco fantasmagórica.

  • S01E06 Recoñecemento médico

    • January 5, 1996
    • Televisión de Galicia

    Miro ten dor de estómago e todos o animan a consultar ó médico. Os agoiros que escoita arredor del -Paspallas, o tío Antón, o noivo de Rosalía-, cáusanlle máis preocupación cas súas propias dores. A posibilidade de que sexa algo grave anima a Rosalía a pretender un traballo de recepcionista, en competencia cunha antiga compañeira. Afortunadamente, os males de Miro son dos que se curan con macela. E Rosalía saberá transforma-lo que comenzou como unha loita nunha boa amizade.

  • S01E07 Rebaixas

    • January 12, 1996
    • Televisión de Galicia

    Un coñecido cantante vai actuar na cidade. Asemade, a avoa Carme anuncia que un amigo seu, que agora se dedica ás artes, está na cidade e anunciou que iría recollela para darlle unha sorpresa. Balbina vai ás rebaixas e rifa con outra compradora por culpa dunha chaqueta. A disputa pedirá un arranxo moi diplomático, porque Balbina terá unha poderosa razón para desexar que a "rival" non saiba que foi ela a que lle arrebatou a chaqueta. O incidente queda felizmente resolto e a familia disponse a asistir á actuación. Todos menos a avoa, que teima en agardar ó seu amigo, un convidado moi especial.

  • S01E08 Altas finanza

    • January 19, 1996
    • Televisión de Galicia

    Miro e Balbina deciden utilizar algúns dos seus aforros en facer unha reforma no bar. Pero Antón convence a Miro de que é un bo momento para investir na Bolsa e coloca os aforros do seu cuñado nunha operación bursátil catastrófica, sen dicirlle nada a Balbina. Afortunadamente, un problema formal impedíu que a compra de accións se realizase. Un empregado da Caixa de Aforros informa a Balbina e agora será ela quen oculte esta infromación para obrigar aos xenios financeiros a faceren a obra coas súas propias mans.

  • S01E09 Candidato Miro

    • January 21, 1996
    • Televisión de Galicia

    A asociación de veciños do barrio reúnense no bar Suízo. Miro non se entende co presidente e a reunión acaba cun forte enfrontamento. Axudado por Antón, prepara unha campaña electoral na que pretende desbancar ao presidente actual para ocupar o seu sitio. É unha campaña disparatada, na que non faltan inxenuos subornos e pérfidas chantaxes. Pero un erro nos seus cálculos fai que o final non sexa o esperado.

  • S01E10 Animaliños

    • February 2, 1996
    • Televisión de Galicia

    Miguel levado polo seu amor ós bechos, leva un coello abandonado a casa. Debe mantelo agochado, porque sabe que non recibirá o permiso do seu pai. Pero a presencia do coello producirá malentendidos e situacións cómicas: a avoa, que se prepara para un baile na Asociación de viúvas cre que se está quedando calva, porque atopa pelos por todas partes.

  • S01E11 Festa de cumpreanos

    • February 9, 1996
    • Televisión de Galicia

    Miguel non quere ser tratado como un cativo toda a súa vida e non está moi conforme coa festa de cumpreanos que lle preparan os seus pais. Míntellles a Miro e a Balbina para organizala el mesmo. Aproveitando que o bar pecha o domingo pola tarde, terá unha oportunidade de celebra-lo cumpreanos ao seu aire. A "axuda" do tío Antón conduce a festa por camiños divertidos, pero algo desviados. Balbina levará unha boa sorpresa cando os descubra.

  • S01E12 Andar ás troitas

    • February 16, 1996
    • Televisión de Galicia

    Miro sucumbe á tentación de practicar a pesca furtiva das troitas. Tan malas artes lévano a presumir diante dos seus amigos e a situación produce todo tipo de conflictos na vida cotiá: Miguel é un grande amigo da natureza que non pode ver con bos ollos o furtivismo. Paspallás e Antón non queren perder certa aposta que fixeron con Miro. Balbina teme que todo acabe nunha forte multa ou algo peor. Todos se confabulan contra o furtivo: un falso garda entra unha noite no bar Suízo.

  • S01E13 O derbi galego

    • February 23, 1996
    • Televisión de Galicia

    A rivalidade entre Celta e Dépor tamén se vive con paixón no bar Suízo. Miro espera atraer moita clientela para ver o partido televisado. Pero unha inesperada avaría do televisor ameaza o negocio. As "reparacións" do tío Antón e de Paspallás empeorarán a situación. O sentido común de Balbina axudará a que a resolución sexa máis semellante a un final feliz.

Season 2

  • S02E01 En brazos de Morfeo

    • March 8, 1996
    • Televisión de Galicia

    O bar Suízo convértese no marco de misteriosos roubos de queixos, xamóns, gambas... Malia a vixilancia dos membros da familia Pereira, os roubos seguen producíndose e a situación agrávase cando o ladrón leva a quiniela que cubriran Balbina, Antón e Paspallás; un boleto que resulta ter trece acertos.

  • S02E02 Guerra das hamburguesas

    • March 15, 1996
    • Televisión de Galicia

    Balbina soña con ter un día un pequeno restaurante no que demostra-las súas artes culinarias, lonxe dos clinetes apresurados e convencionais do "Bar Suízo". Sabedora de que no é doado plantexarlle o asunto a Miro, a para "sondear" se o seu home está disposto a mudar de aires, Balbina inventa unha falsa oferta: unha cadea de hamburgueserías inexistente está disposta a merca-lo bar. Pero todo se complica cando, xunto á falsa oferta, aparece outra auténtica. Balbina terá que escoller entre levar a cabo os seus soños ou conserva-lo "Bar Suízo" e a súa querida clientela.

  • S02E03 Amnesia

    • March 22, 1996
    • Televisión de Galicia

    Un golpe fortuito na cabeza, provocado por un descoido de Miro, produce amnesia en Antón. Non lembra nada do seu pasado, nin sequera a súa verdadeira personalidade. Antón convértese nun home atento, servicial, cariñoso e desprendido. Está tan cambiado que algúns desexan que quede amnésico para sempre. Pero cando gasta a recadación do bar en mercar rifas para a viaxe de fin de curso de Migueliño, comezan a ve-lo asunto con outros ollos.

  • S02E04 Noite de rock

    • March 29, 1996
    • Televisión de Galicia

    Un famoso grupo de rock, que ten situado nos postos máis altos das listas a canción "Voulle dar unha labazada ó meu pai", actúa esa mesma noite na cidade, e a casualidade quere que entren no "Bar Suízo". Rosalía sente unha especial atracción polos músicos, pero sabe que tales amizades nunca serán ben vistas polo seu pai. As mentiras de Rosalía crean unha situación chea de equívocos, que faran descubrir a un Miro máis "enrollado" ca nunca.

  • S02E05 Dillo con flores

    • April 5, 1996
    • Televisión de Galicia

    As cousas non van ser tan doadas para Miro, xa que terá que aguanta-la "presión" da sospeita de infidelidade por parte da súa dona Balbina. Balbina está disgustada, xa que Miro esqueceu felicitala no seu cumpreanos. Pero o seu marido, "asesorado" por Antón e Paspallás, comeza a pensar que Balbina ten un amante. Un ramo de rosas que debía se-lo primeiro paso da reconciliación acaba en mans equivocadas e complica aínda máis a situación, provocando o desencontro de Fran e Rosalía.

  • S02E06 Bolero

    • April 12, 1996
    • Televisión de Galicia

    Miro co seu afán emprendedor, está decidido a que o Bar Suízo sexa o de máis clientela da cidade. Deste xeito, ó comprobar como algúns bares da competencia están a facer un gran negocio coas actuacións musicais, e despois dun concienzudo "asesoramento" por parte de Antón, Miro decide buscar un cantante que sirva como reclamo para a clientela. Así pois, disponse a escoitar varios candidatos e, finalmente, deciden contratar a Silvana das Mirindas, famosa intérprete de boleros, para que anime o bar durante as noites das fíns de semana. O día da estrea, o "Bar Suízo" está cheo de clientes que agardan ansiosos o inicio da actuación, pero Silvana non aparece. Antón, "promotor" da idea, está nun gran compromiso, e Miro teme pola súa ruina. Finalmente buscaran unha solución que, non por menos efectiva, resulta no peor dos casos "sorprendente".

  • S02E07 Un superdotado na familia

    • April 19, 1996
    • Televisión de Galicia

    Unha charla co psicólogo do instituto ó que asiste Migueliño fai pensar a Miro que o seu fillo é un superdotado. Migueliño reúne en primeira instancia algunhas das condicións típicas destes nenos: despistado, preguiceiro, desordenado, abúrrese soberanamente en cada clase á que ten que asistir. Cando o tío Antón aparece na casa dos Pereira cun inesperado agasallo: un potente ordenador cunha chea de programas didácticos, o bo de Migueliño aproveitase da providencial axuda para se facer pasar por un auténtico superdotado e, de paso, abusar da inxenuidade do seu pai, quen, ó se ver cun xenio na familia, mércalle a Migueliño as cousas que vai "precisando" para desenvolver adecuadamente o seu "privilexiado" intelecto. Pero a situación non pode durar indefinidamente e un feito inesperado porá as cousas no seu lugar...

  • S02E08 Miña naiciña querida

    • April 26, 1996
    • Televisión de Galicia

    Unha confusión fai pensar a Miro que a súa nai non é a súa verdadeira proxenitora. Ante esta situación, decide poñerse en contacto cun programa de televisión especializado nestes casos para procura-la súa auténtica nai. O seu chamamento é recollido por Falcón, un estafador, que intentará obter proveito da incredulidade de Miro Pereira, facéndose pasar por irmán seu.

  • S02E09 Os fumes de Antón

    • May 3, 1996
    • Televisión de Galicia

    Antón anda namorado dunha rapaza amante da vida sá e deportiva. Por ela deixará de fumar, utilizando para iso tódolos métodos coñecidos, como acupuntura ou os parches de nicotina..., e mesmo algún aínda sen experimentar. Miro, Balbina e Paspallás, asistirán divertidos ós intentos de Antón por romper co tabaco..., e cos seus fumes.

  • S02E10 A vinganza da avoa

    • May 10, 1996
    • Televisión de Galicia

    Miro terá que facer gala da súa "man dereita" para arranxar un problema familiar provocado pola súa nai, dona Carme. Os celos empezan a atacar á avoa, por mor das viaxes que fan as súas amigas e que ela non pode facer. Deste xeito, dona Carme pensa que o seu fillo non a trata como é debido, e argalla unha pequena historia para chama-la atención e, de paso, conseguir que a traten como unha raíña. Durante uns días os caprichos da avoa traerán de cabeza á familia Pereira, ata que un pintoresco amigo de Paspallás axudará..., non se sabe moi ben se a arranxa-lo asunto ou a complicalo aínda máis.

  • S02E11 Alta cociña

    • May 17, 1996
    • Televisión de Galicia

    Os clientes do "Bar Suízo" poderán degusta-los exquisitos pratos de Paco, un parente da familia Pereira que reside en Suíza, onde acadou un notable éxito como chef dun restaurante de luxo, e que vén pasa-las vacacións coa súa familia. Antón, brillante "ideólogo" e "asesor" de Miro, terá a "xenial" idea de aproveita-la presencia do chef para organizar unha "Semana da Alta Cociña" no Bar Suízo, onde Miro, vestido de frac, actuará de maitre. A idea, malia que procede de Antón, semella prometedora, pero os resultados non serán os agardados. Unha súpeta enfermidade de Migueliño, o menor dos Pereira, pode axudar a que todo se resolva.

  • S02E12 O novo propietario

    • May 24, 1996
    • Televisión de Galicia

    Miro Pereira chega a un acordo con Paspallas, para que lle "ceda" temporalmente o "Bar Suízo", co gallo da visita que a súa noiva de Monforte lle vai facer. Sen dúbida isto supónun motivo de alegría, pero o problema está en que Paspallás lle fixera crer á súa moza que é un próspero empresario da hostelería, é o verdadeiro dono do "Bar Suízo". As fantasías de Paspallás contarán, en primeira instancia, coa colaboración de Miro Pereira, pero os divertidos equívocos que se irán producindo a medida que o resto do "persoal" se vai enterando, chegarán ata a sorpresa de Balbina e a avoa Carmen cando descubren quen é o novo dono do seu bar...

  • S02E13 Todo un artista

    • May 31, 1996
    • Televisión de Galicia

    Os celos de Miro poranse a proba, cando Balbina e a súa filla Rosalía, mostran unha grande admiración por algúns artistas, sobre todo polo escritor Tomás Vilariño, un dos habituais clientes do bar. Ante esta "provocación", Miro afirma que él é tan imaxinativo e creador como o que máis, e decide converterse en escritor contando para iso coa "inestimable" axuda do seu cuñado Antón. Ó mesmo tempo, o popular cociñeiro Paco Feixó anuncia que gravará un dos seus programas de cociña no "Bar Suizo", coas exquisitas receitas de Balbina. Con estas perspectivas, as catástrofes domésticas están aseguradas, e non tardarán en principia-los problemas...

Season 3

  • S03E01 Mans de seda

    • January 17, 1997
    • Televisión de Galicia

    No Bar Suízo prodúcense toda unha serie de roubos. O paspallás, Antón e algúns outros clientes votan en falta as súas carteiras. Cando a Balbina lle falta a súa axenda electrónica pecha de súpeto as portas do bar coa esperanza de que o ladrón aínda estea no interior do local. Cando finalmente, se descobre o ladrón, un xesto de sorpresa e incredulidade amosa nos rostros de todos.

  • S03E02 Tódolos homes son distinto

    • January 24, 1997
    • Televisión de Galicia

    Rosalía prepara a súa oposición coa esperanza de se converter en profesora de instituto. Un antigo profesor -o afamado catedrático Ramón Parga-, promételle axudala. Trátase dun home abraiante que ademais sabe entendelo papel da muller actual. Pero nada é como parece...

  • S03E03 O cóctel

    • January 31, 1997
    • Televisión de Galicia

    Matías é un home encantador que aparece polo bar Suízo na busca dunha antiga namorada súa. Ademais é todo un experto na elaboración de "cócteles", e Antón e Miro deciden aprender a respectable arte de facer combinados. Pola súa banda, Rosalía está en vésperas de se presentar á súa oposición, pero as sorpresas que lles deparará Matías, cambiará a situación durante unhas horas...

  • S03E04 A recomendación

    • February 7, 1997
    • Televisión de Galicia

    Rosalía vive unha profunda inquedanza ante a proximidade da súa oposición. Pero o seu pai, Miro Pereira, é dos que aínda confían nas recomendacións e outros vellos métodos para supera-los exames. Coa axuda do seu cuñado, Antón, preparan unha infalible estratexia a base de lacóns, empanadas e viños do país.

  • S03E05 América, América

    • February 14, 1997
    • Televisión de Galicia

    No instituto no que estudia Miguel, o fillo de Miro e Balbina, preparan un intercambio cun colexio dos Estados Unidos para aprende-lo inglés. As dificultades económicas da familia Pereira poñen en perigo a participación de Migueliño nesta viaxe e a solución aportada polo seu tío Antón empeorará aínda máis as cousas.

  • S03E06 Escola de seductores

    • February 21, 1997
    • Televisión de Galicia

    Paspallás admira os éxitos como seductor de Antón, que acepta revelarlle algúns dos seus segredos para lle axudar a conquista-la muller dos seus soños, pero o cúmulo de despropósitos dos dous "conquistadores" vainos levar a unha situación ridícula...

  • S03E07 Unha nova estrela

    • February 28, 1997
    • Televisión de Galicia

    O Bar Suízo é pechado tras unha inspección municipal, pero Antón saberá converter esta desgraciada situación nunha oportunidade para facer un bonito negocio: un pROductor de televisión, alugará o local para rodar un spot. Rosalía aproveitará a ocasión para se revelar como unha nova estrela do espectáculo

  • S03E08 Ola Melanie

    • March 7, 1997
    • Televisión de Galicia

    Miguel ven de pasar varias semanas nos Estados Unidos, onde estivo a realizar un curso de inglés. Chega acompañado dunha rapaza americana que coñeceu alí. O contraste de costumes dará lugar a algunhas situacións cómicas. Miguel descobre xunto a Melanie o que será o seu primeiro grande amor.

  • S03E09 Adiviña quen vén cear

    • March 14, 1997
    • Televisión de Galicia

    A avoa Carmen, recibe a visita de Valentín, un antigo amor da mocidade. Decide preparar para él unha cea íntima no Bar Suízo. Para poder quedar soa no bar, terá que recorrer a algunhas pequenas mentiras que complicarán a situación ata límites insospechados.

  • S03E10 A fuxitiva

    • March 21, 1997
    • Televisión de Galicia

    Migueliño está moi interesado polos dereitos dos rapaces. Coa cámara de vídeo do seu tío Antón prepara unha reportaxe sobre esta cuestión. Os problemas da súa amiga Martiña co pai vanlle proporcionar un material apaixonante, pero as intervencións de Miro e de Balbina non farán máis que complica-la situación da rapaza.

  • S03E11 A tía Matilde

    • March 28, 1997
    • Televisión de Galicia

    A familia Pereira recibe o anuncio da visita da tía Matilde, da que hai moito que non saben nada. A serie e piadosa tía Matilde, cambiou moito nos últimos anos. A súa afección pola música rock dará algunah sorpresa e algún ca outro disgusto no bar Suízo.

  • S03E12 Papá por sorpresa

    • April 4, 1997
    • Televisión de Galicia

    Antón está de aniversario e algunhas das súas amigas deíxanlle diversos agasallos no Bar Suízo. Entre os libros e os frascos de colonia aparece un bebé. Todo parece apuntar a que Antón é o pai da criatura. A súa irmá, Balbina, axúdalle a coidar do bebé mentres buscan intensamente á súa nai.

  • S03E13 Morosos sen fronteiras

    • April 11, 1997
    • Televisión de Galicia

Season 4

Season 5

Season 6

Season 7

Season 8

Season 9

Season 10

Season 11

Season 12

Season 13

Season 14