A primeira historia de amor será a de Choli e Dani, unha parella de San Cibrao das Viñas (Ourense), que a pesar das dúbidas de todos os que a rodean, pola súa diferenza de idade e porque ela xa ten dous fillos, loita contra vento e marea por culminar o seu amor.
Lúa e David
Paula e Óscar
María Lizete e Olimpio
Mari e José
Almudena e Javi
Miguel e Sonia
Lucinda e Jose
Conchi e Manuel
O programa céntrase agora nos preliminares organizativos que se encargan de preparar un escenario axeitado para lucir os soños de amor co seu maior esplendor. Porque a familia e as vodas son temas sentimentais universais que interesan a todos, as parellas que casan escollen os colaboradores máis expertos para o seu día máis especial. Neste primeiro programa de organizadores veremos como se prepara unha voda desde dentro, acompañando a varios profesionais do sector: coñeceremos os propietarios de "Happy Noivas" en Vigo e os seus traxes de festa espectaculares; as rutinas da posta en escena do "Dúo Musical Reflejos" e o incrible despregamento de medios que o salón de vodas "Chicolino", en Boiro, realiza en cada un dos seus banquetes. Concretamente, o programa estará coa deseñadora Celsi Lorenzo, no momento de ultimar detalles dun dos seus traxes, fronte a un grande espello.
Deixando atrás os aspectos persoais das parellas que nos amosaron as súas distintas historias de amor, o programa volve centrarse hoxe na organización que se ocupa de poñer en escena os soños de amor eterno. Porque a familia e as vodas son temas sentimentais e universais que interesan a todos, para as persoas que traballan no sector dos enlaces matrimoniais son historias de tesón, profesionalidade e tamén de amor. Neste programa de organizadores, como no anterior, veremos como se prepara unha voda desde dentro, acompañando a varios profesionais do sector. Así, as familias escollen os colaboradores máis expertos para o seu día máis especial, como no caso de Marilé Fernández, organizadora integral de vodas a través da súa empresa "Marilé Eventos"; o fotógrafo "Pichero" e Gonzalo de "Florerías Fiuncho", que nos explicarán os pormenores da organización dun casamento desde o punto de vista dos profesionais que se dedican a elas.
Doce parellas, doce compromisos e, sobre todo, doce historias de amor, cada unha con situacións e conflitos particulares, puideron vivirse e verse no programa "Casamos! A Historia de Amor de...", que cada domingo achegou a un dos actos familiares privados con maior repercusión no apartado social, as vodas, e das que hoxe recupera os mellores momentos, os doces e os amargos, os ácidos, salgados e ata picantes, que tamén os houbo. Nesta última edición, o docusoap ofrecerá os instantes vividos con maior intensidade ao longo da temporada, grazas ás ducias de persoas que compartiron cos espectadores os seus días e vivencias abríndonos as portas das súas casas e tamén das súas vidas íntimas. Así, o espectador puido coñecer de forma contrastada, mediante entrevistas aos noivos, ás familias e amigos, as historias destas parellas que, a pesar dos problemas e conflitos de diversa índole polos que atravesaron, a maioría delas culminaron en voda.
A primeira das historias de amor que hoxe presentará “Casamos!” xa ten o atractivo engadido de ser unha parella, a formada por María Rosa e Raúl, que se coñeceu grazas á Radio Galega, exercendo de “celestina” o programa “Pensando en ti”, a través dunha cita a cegas. A parella, que eran un home e unha muller moi solitarios, acode outra vez á RG para relatarnos os detalles desta primeira cita, nun lugar secreto de Santiago, e tamén para anunciar o seu compromiso. Na narración dos acontecementos, o que non sospeitan é que a gran familia de oíntes de “Pensando en ti” lles está a preparar un feixe de sorpresas que ata minutos antes da voda, en Agolada, ningún dos dous contaba ter.
Despois de coñecer semana tras semana historias de amor únicas e peculiares que nos achegaron as circunstancias máis variadas de cada parella, como as declaracións de amor máis románticas; os nervios dos preparativos nupciais, as opinións e desexos de amigos e familiares e as expectativas, preocupacións, conflitos e ilusións dos protagonistas respecto ao gran día das súas vidas, o programa “Casamos!” dedica un dos seus programas especiais á hora da verdade: como organizar todo o evento, asesorando e ofrecendo algunhas das mellores eleccións que hai que ter en conta para celebrar un enlace. Para achegarnos como sería a voda ideal, esta edición especial reúne hoxe deliciosos menús, restaurantes idílicos, cerimonias innovadoras, traxes elegantes e xoias rutilantes para acompañar un día único. E para facelo posible, o programa fala con organizadores de vodas que ofrecen un abano sorprendente de atractivas opcións, en concreto cunha parella que comparte oficina e vida en común, a forma
Reunir as historias de amor máis sonadas e inesquecibles, aquelas que cativaron o espectador polas súas escenas máis tenras, divertidas e románticas, xuntando os sorrisos e as bágoas, é o que nos presenta hoxe unha edición especial de “Casamos!”, para volver recordar que, a pesar das dificultades, hai parellas que seguen a crer que o amor pode mover o mundo. Tales foron os casos das parellas Kathy e Juan, Lorena e Rafa, Marola e Xosé Manuel, Verónica e Manuel, María Rosa e Raúl ou Pamela e Pablo. O que se nos ofrece hoxe é unha coidada selección de vodas para non esquecer as sorpresas, nervios, dúbidas e conflitos aos que fixeron fronte os noivos, que quixeron selar o seu amor cunha celebración para a historia. Semana tras semana achegámonos a historias únicas e peculiares polas circunstancias máis variadas de cada noivado: as declaracións de amor; os nervios dos preparativos nupciais, as opinións e desexos de amigos e familiares e as expectativas, preocupacións, conflitos e ilusió
Para amosar que o amor é capaz de triunfar por riba de todo, volve á TVG “Casamos!”, o programa de entretemento familiar, que nos vai presentar nesta terceira tempada, agora o xoves á noite, novas historias de emocións, de sentimentos de superación e todo o divertidas e románticas que poidamos imaxinar para concluír en vodas. Neste primeiro programa, desde diferentes puntos de Galicia achegámonos a catro parellas que non só comparten unha fermosa historia de amor, senón tamén profesións estreitamente ligadas aos preparativos nupciais: así, coñeceremos a María e Iván, que se complementan á perfección como parella e organizando vodas de soño; Paloma e Iago, que transmiten nas súas pezas musicais a ilusión que teñen por casar; Leandra e Iván, que elaboran as tortas de voda máis orixinais co mesmo amor e dozura que amosan na súa relación, e a historia da creativa Rebeca e o fotógrafo Agustín, a quen ela compara con “as rodas da súa bicicleta”...
Edición especial de Nadal do programa “Casamos!”, onde poderemos saber que foi de catro parellas das que foron testemuñas das súas vodas. Seguen namorados? Tiveron fillos? Como van pasar as festas? Todas as historias de amor teñen algo especial. Emocionan, fan rir e ás veces mesmo chorar. Nesta edición especial, o espazo da TVG visitará catro parellas que cambiaron as súas vidas desde a súa participación en “Casamos!”. O programa compartirá con eles os últimos preparativos destas festas tan sinaladas, mentres contan como lles foi a vida desde o seu casamento. Así, Choli e Dani prepáranse para a procura do agasallo perfecto para os máis pequenos da casa. Pola súa parte, Pamela e Pablo, cun novo membro na familia, vivirán a súa primeira Noiteboa como pais. Mentres, Marola e Xosé Manuel converten o Nadal nunha celebración da amizade e Kathy e Juan están cheos de novos proxectos e de ilusión para o novo ano.
Os protagonistas desta primeira edición da nova temporada serán Alejandra e Gorka, que, a pesar da súa xuventude, están convencidos de que o seu amor é para sempre. Namoráronse a primeira vista e desde entón xa non se separaron nunca. Como bos cidadáns de Lucus Augusti, os noivos cren que chegou o momento de dar o sei quero ante os deuses. Para isto, están metidos de cheo na preparación dunha voda ao estilo da antiga Roma. Gorka está preocupado porque á súa noiva se lle xuntaron os preparativos da voda cos do seu debut profesional nunha orquestra. Pero agora xa non hai volta atrás. Alea iacta est.
O programa “Casamos!” está hoxe de celebración, xa que acada a centena de edicións emitidas, durante as cales o segredo do seu éxito radicou en que lles achega aos espectadores as historias de amor e superación máis fermosas e as vodas máis emocionantes. Hoxe temos unha nova entrega de “Casamos!”, os espectadores poderán ver o especial “100 Vodas”. Foron moitas as historias de amor das que foi testemuña o programa, que tamén presenciou vodas do máis espectacular. Din que o do casamento é o gran día, pero todos os días que veñen despois son realmente os máis importantes. Por iso, aproveitando o centenario, a Televisión de Galicia quere saber como lles vai hoxe en día a algunhas das parellas que pasaron por “Casamos!”. Seguirán igual de namorados? Haberá algún novo membro na familia? ...