O programa “Casamos!” está hoxe de celebración, xa que acada a centena de edicións emitidas, durante as cales o segredo do seu éxito radicou en que lles achega aos espectadores as historias de amor e superación máis fermosas e as vodas máis emocionantes. Hoxe temos unha nova entrega de “Casamos!”, os espectadores poderán ver o especial “100 Vodas”. Foron moitas as historias de amor das que foi testemuña o programa, que tamén presenciou vodas do máis espectacular. Din que o do casamento é o gran día, pero todos os días que veñen despois son realmente os máis importantes. Por iso, aproveitando o centenario, a Televisión de Galicia quere saber como lles vai hoxe en día a algunhas das parellas que pasaron por “Casamos!”. Seguirán igual de namorados? Haberá algún novo membro na familia? ...