Carmela e os seus dous fillos diríxense á vila de Miranda pasar a fin de semana co tío Alfonso, veterinario, recentemente xubilado. Carmela acaba de divorciarse e, despois de moitos anos de ausencia, encóntrase de novo coas xentes coas que compartira momentos importantes da súa infancia e adolescencia.
É día de feira, e mentres Carmela pasea co seu tío, Brais e Bea, cada un polo seu lado, coñecen aqueles que lles van facer cambiar de opinión, xa que viaxaran a Miranda en contra da súa vontade e só pensaban en regresar a Vigo. Brais fai das súas no ciber e na propia igrexa, gañando inmediatamente as simpatías dos seus novos amigos. Bea coñece, a causa dunha das súas habituais meteduras de pata, a Fuco, e entre eles xorde unha atracción mutua. Cando xa ían camiño da cidade, unanimemente, nai e fillos deciden regresar e quedar a vivir en Miranda.