Esta semana como convidados tres grandes da escena galega: Lucía Regueiro, que acaba de estrear unha nova temporada da serie da Galega “Serramoura”, o querido Manuel Manquiña e Patricia Vázquez, unha das actrices galegas de máis proxección no mundo da comedia, e especialmente popular polos seus papeis de Lidia en “Padre Casares” e Elvira en “Era visto!”. Touriñán meterase na pel dun dos personaxes de máis éxito en pasadas temporadas do programa: o astro do fútbol Messiñán. Roberto tamén recibirá a visita de David Ballesteros, o colaborador do programa que presenta experimentos científicos do máis sorprendentes. Sketchs humorísticos e a sección de “Pachi & Culo”.
Este mércores visitan “Land Rober Tunai Show” Les Luthiers, que, co motivo da súa xira “Chist!”, se atopan en Galicia estas semanas, como é tamén o caso de Javier Veiga, Ledicia Sola e Xosé A. Touriñán, que veñen presentar a obra de teatro “Amigos ata a Morte”. João Simoes, no “Prezo Xusto”, e o primeiro analista de orquestras galegas completarán a ficción dun programa que, ademais de xogos e bromas co público, irá mesturando entrevistas a convidados de actualidade.
Índice de contidos 04:43 Rober conta as noticias máis curiosas do verán 16:32 O equipo de Land Rober prepáralle un agasallo sorpresa a Eva Iglesias 25:44 Sketch 'Ao toxo vivo' con Raúl Pérez 46:25 Os noivos da 'agrovoda' están no plató 01:03:21 Sketch 'Casa Dosinda' co Combo Dominicano 01:22:15 Rober entrevista a Iago Aspas 01:45:59 Aspas responde as duras preguntas do público 01:54:00 Abel Caballero e 'o koruño' rifan ante Iago Aspas 02:02:21 O Combo Dominicano reta a Iago Aspas
Rober repasa as noticias máis curiosas da actualidade O xogo dos casquetes Sketch: A creba de Thomas Cook acaba afectando a Casa Dosinda O público faille preguntas comprometedoras a Kiko Rivera Kiko Rivera sorprende uns estudantes no seu piso O Land Rober sorprende a Kiko Rivera cun 'agasallo especial' Sketch con David Perdomo e Santi Rodríguez 'Que me estás contando?'