O equipo do Galicia Bonita inicia a súa aventura na localidade de Exipto, en Boiro. Só contan con 5 días para amañar a desfeita que teñen montada tres irmás na súa casa, onde o ladrillo e o cemento reinan na estética visual. Todo un desafío que deberán afrontar cun orzamento limitado e onde os atrasos nas obras poden ser letais.
Obra en Boimorto
Traballos de Oroso
Traballos de Vista Alegre (A Laracha)
Traballos Neda
Traballos Vedra
No capítulo de hoxe Rosa visitará a súa vila natal. En Santa Comba, Fina, a súa adorábel veciña, tratará de convencer á arquitecta e ao seu equipo, con todo tipo de artimañas culinarias; para que lle meta man aos enormes pendellos que crecen como fungos na súa leira.
O equipo de Galicia bonita desprazarase a Cerceda. Alí, Rosa e os seus axudantes descubrirán a leira de Luz e Aldo que conviven cun peculiar zoolóxico formado por todo tipo paxaros domésticos. Amais, o carácter inconformista da parella levará ao límite a paciencia da arquitecta.
Traballos Arteixo
A obra máis bonita.
Final da primeira tempada.
No Galicia Bonita de hoxe Rosa e os seus axudantes chegarán ata Ourense. Alí, entre ferralla e amianto, atoparanse cunha fanática do equipo de reformas. Paqui chamará a todo o seu séquito de amigas para que veñan coñecer aos seus ídolos mentres a obra camiña con numerosos atrancos.
En A Estrada, a arquitecta e os operarios de Galicia Bonita terán que negociar contra todo tipo de inclemencias. Ademais dunha enorme palleira para reformar, o equipo de reformas enfrontarase ás diferenzas no criterio dos propietarios, uns rapaces amadores da boa troula e unha climatoloxía moi cambiante.
Na reforma de hoxe, Rosa, Javier, Carlos e Laira terán que enfrontarse a unha palleira forrada de fibrocemento, a Pocholo, un porco nada amistoso e a Esther e Julia; nai e filla que non coinciden nas necesidades da obra a realizar en Córneas; unha aldea de Forcarei.
Neste capítulo, Rosa, Laira, Javier e Carlos deberán lidiar cunha comunidade ben peculiar. Liderados por Plácido e Emilia, os veciños de Guitiriz, entre os que se atopa o cura da parroquia; chamarán á arquitecta para que faga fronte á reforma dun depósito comunal. Problemas co suministro da auga e coa falta de entendemento dos propietarios levarán ao equipo de Galicia Bonita a tomar unha decisión sen precedentes.
Rosa visita Pontecesures onde recibirá unha proposta inesperada. Merche quere darlle unha sorpresa á súa irmá Estrella que vai estar unha semana de vacacións lonxe do pobo: reformarlle a súa triste e pouco vistosa vivenda. A falta de determinación e liderazgo de Merche tolearán á arquitecta e aos seus operarios quen deberán tomar importantes decisións ante a ausencia da propietaria.
En Barro, a arquitecta Rosa Facal e os seus colaboradores enfrontaranse a uns cortellos e unha palleira nun estado calamitoso e a uns esixentes propietarios que non os deixarán descansar nin un só minuto. Coa premisa duns donos que queren derrubar con todo, o equipo de Galicia Bonita terá que botar o resto para chegar ao final da semana con algunha construción feita.
En Fisterra, o equipo de Galicia Bonita, con Rosa á cabeza, atoparase unha obra, a vivenda de Macarena e de Joaquín; difícil de asumir. A insistencia da propietaria e a envergadura da reforma poñerán a proba á arquitecta quen deixará en mans dos seus colaboradores a decisión final: enfrontarse ao reto maiúsculo dunha tarefa colosal para só cinco días de traballo.
Rosa Facal e os seus colaboradores viaxarán ata terras luguesas. No Concello de Castroverde, a xefa de Galicia Bonita fará fronte a un almacén de construción, en estado semirruínoso, despois de case 40 anos de abandono. Os seus propietarios, Loli e Wenceslao, poñerán a proba a paciencia do equipo de reformas cun batallón continuo de mercadorías e material de obra.
Esta semana o equipo de reformas e a súa arquitecta, Rosa Facal, achegaranse a San Sadurniño onde, nun fermosísimo entorno, atoparán unha vivenda antiga, propiedade de Pili e de Nicasio; cunhas reformas máis que cuestionábeis. Laira, Álex, Javier, Carlos e Rosa deberán capear cuns propietarios moi exixentes e cunha peculiar desputa entre veciños.
Rosal Facal e os seus incribles axudantes aterran na Terra Chá, en Begonte, onde Loli e Carlos; os propietarios dunha cuestionable vivenda feita en bloque, non acabarán de crer nas boas intencións da arquitecta e dos operarios sobre quén deberá asumir o custo total da reforma.
En Vilaboa, a xefa de Galicia bonita atoparase cun despropósito de vivenda reformada a anacos por Jose, o seu propietario. Ademais, Carlos, o xefe de carpinteiros, andará saltando dunha obra a outra desatendendo as súas funcións o que, sumado ao forte carácter de Jose, poñerá a proba a paciencia e o bo facer de Rosa.
Ramona e Jose, dous emigrantes retornados de Suíza, poñeran a proba a paciencia de Rosa. Os propietarios dun mesón, sen arranxar desde hai uns corenta anos, no arrabalde do Carballiño; poñerán en dúbida a capacidade do equipo de reformas liderado pola arquitecta e dos profesionais cos que contará para levar a cabo a reforma.
Nunha nova entrega de Galicia Bonita, a arquitecta Rosa Facal e os seus colaboradores deberanse enfrontarse ao acondicionamento dunha vivenda, de pranta baixa, con multitude de problemas construtivos, na urbanización Monte Xalo, en Carral. Porén, as maiores dificultades virán polas diferenzas cos seus propietarios, acerca da colocación dun vello portón de entrada, o que provocará un conflito máis aló da reforma.
Rosa Facal, acompañada de Álex, Javier, Laira e Carles aterrará en Cambre para recuperar a descoidada leira de Regina e de Gustavo. A diminuta parcela dará para situacións do máis rechamangueiras cos seus simpáticos veciños, Ana e máis José, que acompañarán o desenvolvemento da reforma coma se lles fora a vida nela.
No programa desta noite, a arquitecta Rosa Facal e os seus fieis axudantes, afrontarán o reto de recuperar a vella escola unitaria de Rial de Arriba, en Zas, como local social. Os propietarios, unha comunidade de veciños e veciñas do lugar, traballarán arreo para sacar o proxecto adiante, mentres saen á luz as diferenzas de criterios. O equipo de `Galicia Bonita´ deberá poñelos de acordo e restaurar as descoidadas edificacións no prazo máximo de cinco días de traballo.
Esta semana, o equipo de reformas e a súa arquitecta, Rosa Facal, achegaranse a Noia, onde se atoparán cun auténtico cascalleiro na leira de Pastora e máis Benigno. Os propietarios, cunhas reparacións moi cuestionábeis feitas no tempo na súa vivenda, amenizarán a semana dos traballadores con todo tipo de cancións populares deixando de lado a colaboración necesaria para levar a cabo as tarefas de recuperación.
No capítulo desta semana, o equipo de 'Galicia Bonita', coa súa líder Rosa Facal á fronte, chegará ata Curtis. Alí, deberán tratar con Mercedes, unha muller escaldada dunha obra anterior e cunha vivenda forrada por unha cuestionábel chapa. A minuciosa propietaria revisará ao detalle cada unha das tarefas feitas polos restauradores chegando a comprometer o desenvolvemento dunha obra aparentemente sinxela.
Esta semana, o equipo de `Galicia Bonita´, con Rosa Facal á cabeza, deberá arranxar o pendello de David e Cristina, na contorna única da basílica medieval de San Martiño de Mondoñedo, en Foz. A plena confianza que os propietarios depositarán na arquitecta e os seus colaboradores provocará contínuos cambios na reforma en beneficio do equipo, o que desembocará en diferenzas cos familiares de David. Ademais, Álex quedará fascinado coa beleza da antiga Catedral, que lle servirá de inspiración para a reforma do tellado do alpendre.
Desta volta, os operarios de Galicia estarán na comarca do Val Miñor. Por primeira vez na historia de Galicia Bonita, Laira, Álex, Javier, Carles e, por suposto, Rosa, aceptaron o reto de levar a cabo unha reforma no tempo récord de catro xornadas.
Nesta ocasión, o equipo de `Galicia Bonita´ percorrerá a península do Barbanza. A vivenda de Martín é unha casa feita a pedazos e ampliacións cun peche, unha cuberta e uns cochos para os cans en estado deplorábel. Rosa confía plenamente na disposición de Martín, porén, as complicacións dunha reforma comedida poden vir polas dificultades do dono da casa de conciliar o seu traballo habitual, en quenda de noite, cunha intensa semana de obras durante o día.
Esta semana o equipo de Galicia Bonita desprazarase ao Rosal para facer fronte a un vello retrete sen uso desde hai máis de 40 anos. A conformidade e a hospitalidade de Doralia, a propietaria da vivenda, provocará unha relaxación extra nos operarios que se verá reflexado no seu rendemento.
No programa desta noite, a arquitecta Rosa Facal e os seus axudantes deberán recuperar dúas construcións comunitarias na parroquia de Rozavales, en Manzaneda. A veciñanza solicitará axuda á líder de Galicia Bonita para restaurar un antigo forno e un lavadoiro en moi mal estado de conservación. Aínda que a obra non semella dun gran volume, o equipo terá que facer fronte a unha baixa de última hora que dificultará a entrega no prazo acordado máximo dunha semana.
Os premios.
O traballo de albanelaría, con demolicións, construcións e recuperación dunha vivenda tradicional, ocupará o groso das reformas na Fonsagrada. Rosa, ademais, adiantou que o xefe de carpinteiros non poderá estar toda a semana na obra, o cal reduce en gran medida a súa marxe de manobra.
Esta semana o equipo de reformas e a súa arquitecta, Rosa Facal, chegarán ata Valga, onde se atoparán cunha vivenda sen rematar desde hai máis de 25 anos. Os reducidos accesos dificultarán unha reforma en aparencia sinxela esgotando ata a extenuación aos traballadores. Por se fose pouco, Cruz e Álex, os propietarios da vivenda, apenas terán tempo para axudar na súa restauración.
Rosa e o seu equipo de reformas achegaranse ata a comarca do Carballiño para coñecer Boborás, concello rico en patrimonio arquitectónico e natural. A xefa de 'Galicia Bonita' anticipa unha semana con déficit de persoal nunha reforma que aínda non parece ter suficientemente clara tras unha ollada cunha propietaria un tanto dispersa.
Esta semana, o equipo de reformas visitará en Covelo a propiedade de tres irmás. María é dona dunha casa e Leo e Macu da outra. As diferenzas entre criterios estéticos delas traerán de cabeza a Rosa e aos seus axudantes, que deberán unificar ambas casas para conseguir un aspecto acorde á construción orixinal, duns cen anos de antigüidade. A falta de efectivos no equipo da arquitecta condicionará o éxito dunha complicada reforma centrada na pedra e na madeira.
Desta volta, Rosa e os seus fieis axudantes visitarán un vello muíño na fermosa vila mariñeira de Ortigueira. A paz que transmite esa antiga edificación e a súa contorna espertou na arquitecta un interese especial á hora de afrontar a súa reforma, a pesar de ter grandes dificultades para a súa execución.
No lugar de Beo, en Malpica, a arquitecta Rosa Facal e o seu equipo de axudantes terá que facer fronte a unha vivenda tradicional de dúas plantas deteriorada polo tempo. As dificultades principais estarán na parte posterior da propiedade de Eva e Josi, cunha leira abafada por cascallo, muros divisiorios e pendellos en semirruínas. Uns accesos insuficientes e as continuas escapadas laborais de José, xerente dunha barbaría nos baixos da casa, poñerán a proba o bo facer dun equipo de reformas, á fin ao completo após á volta de Javier e Laira.
En Monterroso, Rosa Facal atoparase cunha das reformas máis complicadas de Galicia Bonita a nivel estrutural. A desmontaxe dun tellado de madeira podrecido centrará os traballos dun equipo enorme de colaboradores na vivenda de Luz e de Jaime. Os propietarios farán todo o que estea nas dúas mans para sacar adiante unha obra marcada pola dirección de carpintaría a cargo de Álex, quen deberá afrontar o reto do deseño e instalación dun soportal e dun peche na propiedade.
A arquitecta Rosa Facal e os seus fieis axudantes afrontarán o reto de arranxar unha vivenda amoreada de construcións adxacentes en semirruínas no concello de Oza Cesuras. Alí coñecerán a Marcos, un electricista voluntarioso mais pouco centrado nas funcións que lle encomendan, e á súa familia, quen tan só poñerá unha única condición na reforma: non esnaquizar a coidada leira que tanto traballo lles levou amañar.
O equipo de Galicia Bonita asumirá a reforma dunha vivenda compartida por dúas familias en Castro de Rei. As diferenzas entre ambas parellas poñerán en risco o bo facer dos operarios dirixidos por Rosa, quen deberá facer de xuíza de paz e manter o equilibrio durante unha xélida e nevada semana de traballo.
Rosa e os seus colaboradores afrontarán o reto de desenvolver a reforma dunha pequena vivenda en Tomiño cumprindo coas sensibilidades dos seus propietarios Carven e Álex, unha parella ecoloxista que quere tornar ás súas orixes despois de moitos anos dando voltas polo mundo e do gasto excesivo de recursos na cidade.
En Ponteceso, o equipo de `Galicia Bonita´enfróntase a unha illada vivenda en bloque e a unha anciá propietaria, Dosinda, que leva un exhaustivo control da reforma. O ambicioso do proxecto dificulta unha semana que podería demorarse máis alá dos cinco días previstos.
Rosa e os seus colaboradores afrontan en Arzúa o reto de unificar unha vivenda de planta baixa, en pedra e ladrillo, froito dunha ampliación. Ademais, Carles debe ofrecer unha solución creativa para uns invernadoiros case en ruínas.
O equipo de Galicia Bonita afronta en Barbadás a reforma dunha vivenda familiar en rehabilitación. A dispersión dos seus propietarios e Manoli, a nai dun deles, alérxica a desfacerse dos obxectos inservíbeis, pon en apuros a Rosa e aos seus fieis axudantes.
Desta volta, a arquitecta Rosa Facal e os seus fieis axudantes intentan rematar a vivenda de Lorena e Javier en Sabucedo, arranxada na fronte pero abandonada pola parte traseira. Os problemas de saúde do propietario e un fillo con TEA converten a reforma nun auténtico desafío para o equipo de Galicia Bonita.
Rosa e os seus axudantes viaxan a Verín, onde atoparán a propiedade de Miryam, cunha leira absolutamente desafiuzada e unha casiña e unha zona de lecer en estado total de decadencia.
Rosa e os seus colaboradores afrontan en Mañón o reto de desenvolver a reforma dunha palleira, un hórreo e un muro de pedra. A fachada frontal, conxunta coas vivendas de dúas veciñas, obriga á líder de 'Galicia Bonita' a ocuparse de tarefas que non están contempladas na súa listaxe.
En Baldomar, Rosa e os seus axudantes afrontan a reforma dunha vivenda de mediados do século XIX. Porén, o reto máis grande do equipo atoparase no toldo para cear, adaptado e cuberto cunha lona de publicidade polos seus propietarios.
O equipo de Galicia bonita visita Friol, alí, as cortes de Concha quedaron sen rematar moitos anos despois da súa construción. A falta de persoal no equipo de Rosa, minguando durante a semana, levará ao límite unha reforma moi modesta no seu inicio.
En Ponteareas, Rosa e o equipo de reformas afrontarán o reto de darlle unha volta á vivenda de Paula. O seu pai, Manolo, estará en contra dunha recuperación que pase por rebaixar a altura de muros e portóns, deixando a propiedade máis exposta a veciños e delincuentes.
David quere arranxar a vivenda familiar e a palleira dos seus avós.
Reforma dunha vivenda en que o propietario é albanel.
Rosa e os seus axudantes afrontan unha reforma moi especial, a da granxa escola de Cospeito.
Rosa e os seus colaboradores coñecen a Luís e a súa humilde vivenda
A carón do aeroporto de Alvedro, Pepe dispón dunha pequena vivenda a medio arranxar.
Rosa e os seus colaboradores sofren a desconfianza de Mónica en Cuntis.
Un reto: reforma en catro días
Rosa ve, nun principio, unha reforma inasumible