All Seasons

Season 1

  • S01E01 Segredos

    • June 16, 2013
    • YouTube

    Porco Bravú e Vodoo Creatives dan o 'Cunqueirazo'. Estrea da webserie "Conversas con Cunqueiro" co capítulo piloto "Segredos". A Praza do Humor recolle as reflexións do noso protagonista coa estatua de Don Álvaro. "Se todos soubésemos a verdade de todo seriamos libres...". Óscar e Cunqueiro, Cunqueiro e Óscar.

  • S01E02 Futuro

    • June 30, 2013
    • YouTube

    Conversas con Cunqueiro, a webserie que emocionou a Rosalía de Castro, chega co seu segundo asalto. Tanto falar do futuro non e bo para a saúde e Óscar estoupa mentres Don Álvaro escoita. "Deixaches a cultura galega no sitio que lle pertence, e agora...".

  • S01E03 O Clube

    • July 15, 2013
    • YouTube

    Terceiro capítulo da webserie Conversas con Cunqueiro. Desta vez Óscar ten morriña do clube. Que carallo vían na tele os nenos que non vivían en Galiza? Moitas tardes de nocilla e tele que fixeron medrar a toda unha xeración "cheirando ao bravú" (como dicían os Diplomáticos).

  • S01E04 Negativo

    • August 4, 2013
    • YouTube

    Cuarto capítulo da webserie máis enxebre do País. Neste novo #Cunqueirazo Óscar fai súa a máxima do adestrador holandés "sempre negatifo, nunca positifo". Farto de ver tantas caras tristes procura axuda no seu amigo Alvariño.

  • S01E05 Prioridades

    • August 18, 2013
    • YouTube

    Quinto asalto do #Cunqueirazo. Outro domingo máis Óscar achégase até Don Álvaro para botar a tarde a tomar unha birra. Desta vez non sabe se está a madurar ou se pasa moito tempo a ver a TVG "pero algo non funciona". Desfrutade desta nova entrega da webserie que emocionou a Rosa Díez.

  • S01E06 Lembranzas

    • September 1, 2013
    • YouTube

    Sexto episodio do famoso #Cunqueirazo. A Praza do Humor e todo o seu encanto nocturno volven nesta entrega das 'Conversas con Cunqueiro'. Óscar non pode durmir e achégase a Don Álvaro para divagar con el. "Aínda te van coñecer máis polo Porco que por Sinbad...".

  • S01E07 Acción/Contradición

    • September 15, 2013
    • YouTube

    A Cunqueiro se lle acumula o traballo de psicólogo. Xa non hai risos, xa non hai birras e Óscar chega cun paraugas cando non chove. "O problema son eu". Preparade os kleenex para desfrutar deste novo capítulo das "Conversas con Cunqueiro".

  • S01E08 A velas vir

    • September 29, 2013
    • YouTube

    Número oito... Número oito... CHEGOU! Entramos na recta final do #Cunqueirazo con "A velas vir". Fai falta que alguén lle diga un par de cousas a Óscar xa que Alvariño non está disposto. "Eu non vexo que esteas a loitar por nada". Deixade de chorar polo final de Breaking Bad que o mellor das Conversas aínda está por chegar!

  • S01E09 Continxencia

    • October 14, 2013
    • YouTube

    Noveno asalto da serie máis bravú da internet. Óscar parece canso de ver todos os seus esforzos tirados no chan e comeza o principio da mudanza.

  • S01E10

    • October 28, 2013
    • YouTube

    Novo capítulo da webserie preferida do ministro W€rt. Menos crucifixo e máis traballo fixo. Óscar está farto de ouvir pola tele tanto político máis preocupado polos rezos dos parados que polo futuro de tantos millóns de persoas. "Cuestión de fé é o meu con Laura".

  • S01E11 Realidade

    • January 5, 2014
    • YouTube

    Novo asalto da serie máis bravú da internet! Óscar continúa sen encontrar o rumbo da súa vida e non atura a hipocrisía que topa alí onde pon o ollo. "A realidade dá noxo" canta xunto a un guitarrista Cunqueiriano e o vocalista dos Buffet Terrié como estrela convidada.

  • S01E12 Censura

    • January 12, 2014
    • YouTube

    ATENCIÓN! ATENCIÓN! Chegou "Censura"! Novo capítulo do #Cunqueirazo con Lorenzo e Óscar en pé de guerra. E todo por culpa de facer humor con pirolas. O capítulo dos tacos, dos diálogos frenéticos. O capítulo coa monxa figurante. Desfrutade desta nova entrega das "Conversas con Cunqueiro" antes de despedir a temporada.

  • S01E13 Oportunidades

    • January 26, 2014
    • YouTube

    Último capítulo da primeira temporada. Óscar abre os ollos e comprende que ten que mudar a súa forma de vida. Deixará por fin a Cunqueiro? Non perdades este derradeiro episodio en que as mulleres toman a Praza do Humor.