Catro amigos, os actores Xosé A. Touriñán e David Perdomo, e as actrices Fátima Pego e Noemi Rodríguez reúnense nun bar no que falan da vida, das súas vivencias persoais e inquedanzas. Cada un deles recordará unha anécdota que dá paso aos sketchs, nos que os catro amigos interpretan diferentes personaxes. A comedia está presente en todo momento neste formato que mestura tertulia e sketchs cómicos e no que prima a espontaneidade de cada un dos participantes.
Xosé A. Touriñán, David Perdomo, Fátima Pego e Noemi Rodríguez reúnense no bar unha semana máis para pasalo ben e seguir rindo. Facer deporte pode ser un divertimento, unha obsesión ou unha necesidade. Pero ás veces dá moita preguiza. Non é o mesmo ir ao ximnasio que facer exercicio ao aire libre, nin mirarse no espello que traballar no campo. Entendidos hainos de todos os deportes, pero niso o fútbol segue a ser o rei. E de reis e ases, aquí tamén sabemos abondo. De deportes falarán os catro amigos, dos que lles gustan e dos que non. E semella que non lembran moi ben ás veces cal é o que se lles dá ben.
Xosé A. Touriñán, David Perdomo, Fátima Pego e Noemi Rodríguez reúnense no bar unha semana máis para pasalo ben e seguir rindo. Cando no bar poñen tapa, mellora o lugar, a conversa e mesmo o humor. Porque cando temos fame adoitamos ser máis desagradables do normal. O que é ben desagradable tamén é ter alerxias ou intolerancias á comida, co que nos gusta comer, aínda que haxa quen non come cousas por gusto. Tortilla, empanada, pizza… cada un ten o seu prato favorito e os seus restaurantes preferidos, pero se nos está indo das mans o dos restaurantes conceptuais. Para conceptos raros, xa temos o de comer os callos no verán.
Xosé A. Touriñán, David Perdomo, Fátima Pego e Noemi Rodríguez reúnense no bar unha semana máis para pasalo ben e seguir rindo. As festas galegas son, ao igual que os bares, sinónimo de risa, balie e bo comer… e tamén bo beber. Temos tantas festas dedicadas a un alimento como días ten o ano, así é moi difícil ter ben as analíticas! Que disfrutar está moi ben, si; pero tamén hai que coidarse e facerlle caso ao médico e, sobre todo, andar a xeito cos das comisións de festas. Ou era ao revés?
Xosé A. Touriñán, David Perdomo, Fátima Pego e Noemi Rodríguez reúnense no bar unha semana máis para pasalo ben e seguir rindo. Un nace artista ou é algo que se aprende co tempo? Ás veces é a arte quen escolle a un e non ao revés. Descubrimos que definir que é a arte é algo complicado, case é máis doado poñerse dacordo no que non o é. Do que son uns artistas os catro é da sedución e o engano, algúns máis que outros, claro. Pero para arte, a que ten o tío avó de Touriñán. Falara algunha vez antes del?
Xosé A. Touriñán, David Perdomo, Fátima Pego e Noemi Rodríguez reúnense no bar unha semana máis para pasalo ben e seguir rindo. David está buscando o amor e isto xera un debate sobre se o que busca e amor ou é sexo. O amor é o gran tema, hai moitos xeitos de amar e moitos xeitos de demostrar o amor, pero tampouco viña mal unha pouca educación sexual. E como saber se estamos namorados? Pois só hai que ver que nivel de tontería temos enriba. Senón que lle pregunten ao tío avó de Touriñán. Non o coñecedes?
Xosé A. Touriñán, David Perdomo, Fátima Pego e Noemi Rodríguez reúnense no bar unha semana máis para pasalo ben e seguir rindo. Que serán máis, de transporte público ou de levar o coche a todos lados? Nas viaxes, como na vida, hai gustos para todos. Os que ás veces non teñen gusto son quen deseñan os aloxamentos turísticos ou os hostais nos que un queda cando vai traballar. Tamén hai quen prefire non saír da casa, que na casa xa tes todo o que queres. Senón que lle pregunten ao tío avó de Touri. Aínda non vos falou nunca del?
Xosé A. Touriñán, David Perdomo, Fátima Pego e Noemi Rodríguez reúnense no bar unha semana máis para pasalo ben e seguir rindo. A morte pode ser cousa de risa? Nalgúns lugares é cousa de alegría e festa, aínda que o defunto fose boa xente. Pódese vivir como se non houbese un mañá ou tendo na conta o que quedará despois de marchar nós. Porque despois da morte igual hai moitas cousas ou tal vez non haxa nada, pero queda claro que mellor seguir vivos, que morrer dá moitos líos e sae caro.
Xosé A. Touriñán, David Perdomo, Fátima Pego e Noemi Rodríguez reúnense no bar unha semana máis para pasalo ben e seguir rindo. Elixir onde ir tomar algo é algo que ten que ver moito coa moda, ao igual que o que bebes ou a roupa que levas posta. Agora eliximos esas cousas en función do que vemos nas redes sociais. De que serían “influencers” cada un dos catro? Os que tamén seguen feitos un bos entendidos de modas e tendencias son os pais de Fátima, que cada día están máis preto de ter a súa propia canle de Twitch.
Xosé A. Touriñán, David Perdomo, Fátima Pego e Noemi Rodríguez reúnense no bar unha semana máis para pasalo ben, seguir rindo e tratar de resolver algunhas cuestións: a familia nace ou faise? E se nace, como nace? E se se fai, como se fai? Por lista? Por adopción? Entre uns e outros van a formar unha familia numerosa.
Xosé A. Touriñán, David Perdomo, Fátima Pego e Noemi Rodríguez reúnense no bar unha semana máis para pasalo ben e seguir rindo. Como sempre que se reúnen uns galegos ao redor dunha mesa, antes ou despois ten que saír o tema dos cartos. O diñeiro é o tema por excelencia e os galegos temos mil e unha formas de buscalo, somos uns emprendedores e podemos sacar “catro patacos” de calquera lado como di Noemí. Pero o diñeiro non é solo gañalo, tamén hai que xestionalo e disto, como de todo, sabe moito o tío avó de Touriñán. Xa o coñecedes.
Xosé A. Touriñán, David Perdomo, Fátima Pego e Noemi Rodríguez reúnense no bar unha semana máis para pasalo ben e seguir rindo. Medos e fobias son problemas difíciles de controlar, e tamén moi variados: ás arañas, aos sons agudos, ao queixo... Nin os artistas están a salvo das fobias e é ben sabido que son maniáticos. Ás veces custa diferenciar, algúns son maniáticos e outros arrastran fobias de experiencias traumáticas cando eran pequenos. Tamén vos obrigaban a comer o arroz con leite na escola? Hai medos e medos... xa o dicía o tío avó de Touri. Falouvos algunha vez del?
Xosé A. Touriñán, David Perdomo, Fátima Pego e Noemi Rodríguez reúnense no bar unha semana máis para pasalo ben e seguir rindo. A protección do medio ambiente está en boca de todos, pero non sempre sabemos que é iso. Hai que coidar todas as prantas e animais, ou algúns sobran? Os humanos somos unha praga? Escoitamos ás prantas antes de decidir por elas? A este ritmo, morrerán os coalas en Australia e vivirán en Galicia, e haberá máis xabarís que persoas. Chegarán a gobernarnos os animais?