Home / Series / A miña familia pola túa / Aired Order / Season 1 / Episode 7

Programa 7: Elvira e Alfredo / Susel e Jorge

Dúas familias opostas. Unha familia tradicional galega e outra, de nacionalidade cubana. As nais intercambias as súas vidas entre si durante unha semana de convivencia. Elvira, a nai tradicional galega, vive en O Pino xunto co seu marido Alfredo e a súa filla Vanesa. Traballa como gandeira e atende diariamente as labores dos animais que cría: vacas leiteiras, porcos e capóns para a venta. Está acostumada ao traballo duro e a non dispoñer de tempo libre “é un traballo que non entende de fins de semana nin de festivos” Elvira tamén traballa dentro da casa ocupándose das tarefas domésticas posto que Alfredo é un home chapado á antigua que non sabe frixir nin un ovo. Será capaz esta nai de asumir un cambio radical e transformarse en modelo de fotografía? Conseguirá inculcar o seu amor pola agricultura na outra familia? Terminará adaptándose ás tradicións cubanas? Susel, a nai de nacionalidade cubana, vive en Culleredo. Odia a vida no campo, defínese a si mesma como urbanita. “Non me gustan nin o campo nin a herba. Tampouco soporto os animais de granxa. Nin as vacas nin cochos para min, grazas. E as galiñas ben lonxe, que me dan pánico!” Polo seu traballo como modelo de tallas grandes, desfila en pasarelas, fai sesións fotográficas e coida moito a súa imaxe. Susel asegura que na súa familia levan o ritmo no corpo porque, ademais das raíces cubanas, o seu pai é músico e súa nai, mestra de baile. Como encaixará esta nai cubana nunha granxa tradicional galega? Conseguirá vencer a súa fobia polo animais? Ou transformará aos granxeiros en urbanitas? Que ocorrerá cando estas nais impoñan as súas propias normas? Adaptaranse as familias a vivir baixo unhas normas que son totalmente contrarias ás súas?

galego
  • Originally Aired March 4, 2020
  • Runtime 90 minutes
  • Created December 8, 2020 by
    Administrator admin
  • Modified December 8, 2020 by
    Administrator admin