Home / Series / TAC / Aired Order / Season 1 / Episode 1
Home / Series / TAC / Absolute Order / Season 1 / Episode 1

Capítulo 1

Losada tivo a sorte de atoparse á beira do hospital cando lle deu o ataque, porque se non morrería. Tras ser intervido, recupérase nun cuarto do Francisco Balmis coma un paciente máis. Laura, que non chegou a marchar a Mallorca, está ao seu carón, xa non coma a súa noiva, senón coma a súa prometida. Todo pinta ben para a feliz parella, pero axiña unha terceira persoa irrompe na relación: Fina, a nai de Losada.

español