Un accidente de autobús vai poñer a proba a todo o persoal do Hospital. Tal é a gravidade, que a Unidade de Transplantes tamén ten que colaborar no auxilio ás víctimas do accidente. Mentres tanto, a doutora Muíños intenta repoñerse do sucedido con Xaime Cargol, pero a experiencia foi demasiado traumática e estalle afectando ao seu traballo no hospital. E no quirófano; un sitio onde calquera erro custa moi caro.