Laura, a cantante do conxunto de verbena "Os Atlánticos", desaparece sen deixar rastro, e os seu mozo trata de averiguar que sucedeu. Vai descubrir que Laura puido ter motivos escuros para marchar. Ana Kiro fará unha visita a Pontedenós, mentres Carlos, o líder de Os Atlánticos, busca unha nova cantante para substituír á desaparecida Laura. Silvia, unha moza perruqueira da vila, animada pola súa xefa, finalmente acepta poñerse tras o micrófono ata que Laura regrese, se é que regresa. ¿Que motivos tería para marchar? Semella que Xurxo, o seu mozo, sabe máis do que dí...
A desaparición de Laura segue a crear problemas a Xurxo, ao seu mozo, e a todos os que a coñecían. Ademais, comezan a xurdir sospeitas entre algúns membros de Os Atlánticos: pode que haxa alguén que saiba moito máis do que di respecto á desaparición da cantante. Silvia empeza a integrarse nos Atlánticos coma a nova cantante. Se ben Xurxo non a ve con bos ollos, Carlos, en cambio, empeza a sentir algo por ela por moito que o queira negar. Brais e Lucio organizan unha cea para a Peña Tamara na que comerán un espléndido capón que levan criando todo o ano... pero alguén rouba o animal e Lucio inicia as pescudas para desenmascarar ó responsable.