Un cadáver apareceu enterrado nos montes da vila. Son os restos dun crime que parece que se produciu hai uns 30 anos e do que ninguén na localidade tivo noticia xamais, ninguén salvo o asasino.
Tras unha ardua tarefa, a identidade da vítima conmociona Serramoura. Trátase de Carmen Varela, a nai de Marga e de Raquel e a muller de Moncho, a quen todo o mundo supoñía fuxida dun marido alcohólico.
Por que a asasinaron? Que sucedeu 30 anos atrás? Preguntas para as que os homes do tenente Penedo teñen que achar respostas con poucas pistas e moi desgastadas polo tempo. No caso de que lograsen resolver o caso, pasou tanto tempo que existe a posibilidade de que o criminal nin sequera siga vivo. No mellor dos casos. No peor, segue vivo. E todas as miradas se volven, acusatorias, contra Moncho.
Mentres a Garda Civil investiga o caso, Evaristo e dona Teresa conspiran para acabar con Santos, o seu inimigo común. Dona Teresa quere recuperar o negocio do seu home, o serradoiro dos Soutelo. Evaristo, acabar co seu peor inimigo e o último na lista de amantes da súa ex-muller.

Aparece un cadáver soterrado nos montes da vila. Son os restos dun crime que parece que se produciu hai uns 30 anos e do que ninguén na localidade tivo noticia xamais, ninguén salvo o asasino.
A identidade da vítima conmociona Serramoura. Trátase de Carmen Varela, a nai de Marga e de Raquel e a muller de Moncho, a quen todo o mundo supoñía fuxida dun marido alcohólico.
Por que a asasinaron? Que sucedeu 30 anos atrás? Preguntas para as que os homes do tenente Penedo teñen que achar respostas con poucas pistas e moi desgastadas polo tempo.